Tuesday 17 de September de 2024

Rematadas as obras de pavimentación con formigón do rueiro interior do Vilar do Carballo, na parroquia de Oza


A actuación, que forma parte do plan de posta en valor dos núcleos rurais tradicionais, supuxo un investimento de máis de 200.000 euros

O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales achegáronse ata Vilar do Carballo, na parroquia de Oza, coincidindo co remate das obras de pavimentación do rueiro interior.

O Concello de Carballo vén de realizar un investimento de 210.000 euros na mellora das 11 rúas do lugar, cunha lonxitude total de 2.414,7 metros e unha superficie de 6.500 metros cadrados. A actuación aproveitouse tamén para completar a rede de saneamento. Unha vez rematada a pavimentación con formigón só queda pendente a sinalización horizontal e vertical, que se concretou entre os técnicos municipais e os da empresa Mantido aproveitando a visita.

A actuación realizada no Vilar do Carballo forma parte do plan de posta en valor dos núcleos rurais tradicionais, que segue as directrices do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia para racionalizar o crecemento dos lugares ofrecendo modelos que permitan conservar o potenciar os asentamentos sustentables e respectuosos co medio e a paisaxe.